Wikipedia:A Taberna (xeral)
Esta é a sección xeral da Taberna | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Novas publicar |
Políticas publicar |
Técnica publicar |
Propostas publicar |
Axuda publicar |
Imaxes publicar |
Esta sección úsase para discutir sobre temas non cubertos polas outras seccións. |
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~ " ou premendo na icona "" da barra de edición.
| ||||||
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26 | ||||||
Serra do Gerês ou Xurés
[editar a fonte]Boas! Vin que a páxina do "Parque Nacional de Peneda-Gerês" foi movida a Parque Nacional de Peneda-Xurés indicando que "a serra do Gerês chámase serra do Xurés en galego". Inda que entendo a lóxica do cambio (a serra é tanto a do Gerês como a do Xurés), éntrame a dúbida sobre da política que temos con respecto disto; de se realmente é necesario. "Peneda-Gerês" é o nome -oficial- do parque de Portugal. Cómpre adaptalo á normativa oficial do galego? Nb. o parque é exclusivamente portugués e o artigo non se refire á serra. Mgl.branco (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 18:47 (UTC)
- Habería que mirar se hai tradición de poñelo como Xurés nas fontes galegas. Para comparar, e sen que indique nada xa que a wikipedia non pode ser referencia, na wikipedia en portugués o parque galego recibe o nome de Baixa Limia - Serra do Gerês[1] e non Xurés.--HacheDous=0 (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 18:54 (UTC)
- Non obstante, de se obtar polo nome orixinal tería que ser Parque Nacional da Peneda-Gerês e tras unha busca por internet parece que as fontes galegas prefiren a forma orixinal; atopo poucas referencias relevantes para a forma galega do parque portugués.--HacheDous=0 (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 19:13 (UTC)
- Solicitei o borrado de Parque Nacional da Peneda-Gerês para mover alí a páxina, considero que o título actual só se podería manter de existiren referencias de calidade da súa utilización en galego--HacheDous=0 (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 19:21 (UTC)
Turgalicia publicou en 2007 unha serie de cadernos sobre arte, gastronomía, artesanía... e ecoloxía (Espazos naturais). Neste último describen o "Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés", en territorio galego, e din que linda co "Parque Nacional de Peneda-Gerês". A Guía da Voz de Galicia, Disfrutar Galicia (2015) dá para a zona galega a mesma denominación e din que el otro [tramo] recibe el nombre de "Peneda-Gerês". Outra bibliografía que teño só falan do noso, con distintos nomes. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xaneiro de 2021 ás 19:52 (UTC)
- Entendo que en aplicación de WP:T se existe un topónimo galego é igual como sexa a forma oficial en portugués. --Norrin (Fálame) 14 de xaneiro de 2021 ás 08:04 (UTC)
- Grazas polas respostas e por mover a páxina, HacheDous=0. Entón, agás que exista bibliografía dabondo que xustifique o uso do Xerés para referirse tamén ao parque, entendo que é mellor empregar "Peneda-Gerês". Anoto o da WP:T :) Mgl.branco (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 21:44 (UTC)
Conflito de formato?
[editar a fonte]Ola. Revisando varios modelos, advertín que no artigo sobre Wikipedia:Modelo básico de artigo, aparece na estrutura do artigo, no apartado de "Véxase tamén" a ordenación seguinte: Bibliografía, Outros artigos, Ligazóns externas. Porén, no artigo Wikipedia:Modelo básico de biografía, no mesmo apartado aparece: Outros artigos, Bibliografía, Ligazóns internas. Non sei se iso ten algún sentido pero penso que confunde e que deberiamos unificar os criterios. Que vos parece? Saúdos.MAGHOI (conversa) 26 de xaneiro de 2021 ás 15:55 (UTC)
- Ben visto, @MAGHOI:. Nos respectivos historiais de edicións, vexo que Wikipedia:Modelo básico de artigo foi adaptado ao Wikipedia:Libro de estilo, mais o outro non; procedo, xa que logo, a modificar Wikipedia:Modelo básico de biografía. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de xaneiro de 2021 ás 16:23 (UTC)
- Non sabía nin que existía iso, eu sempre poño primeiro “outros artigos”, logo “bibliografía” e finalmente as ligazóns, creo que o fan así noutras Wikipedias, pero personalmente tampouco me parece un aspecto moi relevante se vai sempre igual ou non, pero iso é cousa miña seguramente. Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2021 ás 16:27 (UTC)
Consulta á comunidade
[editar a fonte]Ola! Veño de pechar por segunda vez dúas votacións de dous artigos que xa foran propostos para artigos bos, se ben é certo que desta vez houbo unha participación maior (non era difícil, tamén hai que dicilo), ningún dos dous recibiu o mínimo de cinco votos favorables e polo tanto ningún foi escollido. Tanto o artigo do trofeo Aarne Honkavaara como o do trofeo Jari Kurri eran artigos propios da Galipedia (as partes traducidas eran mínimas en ambos casos), non eran traducións, de feito eran os máis completos de todas as Wikipedias e, mirando artigos da mesma temática, tiñan un nivel similar a artigos de calidade da Wikipedia en lingua inglesa. Quixera saber por que a comunidade non participou nas votacións, se é porque o tema non interesa, a xente non sabía que estaban propostos... Gustaríame tamén saber se a comunidade quere que siga a facer estas propostas, xa que vexo que as votacións para artigos bos semellan un muro case insalvable para min nos últimos tempos, tentei con temáticas distintas, con traducións e con artigos propios (mesmo únicos da nosa Wikipedia), con artigos sobre Galicia... pero parece que non consiga dar cos intereses da comunidade para aumentar esta categoría, que comezou con moita forza e cada ano ten menos artigos elixidos. Un saúdo e grazas a todas as persoas que participen neste fío. Piquito (conversa) 25 de marzo de 2021 ás 21:33 (UTC)
- Grazas polo teu traballo neste eido; aínda que poidan resultar infrutíferos polo feito de que a comunidade non participe nas votacións, o propio esforzo de mellorar os artigos xa é un fin en si mesmo. Ao meu entender, o importante é que os contidos da enciclopedia cumpran os criterios de calidade, máis alá de que teñan un recoñecemento simbólico.
Confío no criterio das persoas que editan de forma habitual, e na maior parte dos casos non reviso as súas achegas porque asumo que son construtivas. Por iso en vez de revisar artigos propostos para bos ou de calidade, prefiro empregar ese tempo noutras actividades (reversión de vandalismos, explicacións a usuarias novas, arranxos en Commons e Wikidata...) que considero necesarias.
Non lle dou moita relevancia ao feito de que os artigos teñan unha estrela, e coido que a maioría das persoas que consultan a Wikipedia tampouco. Segundo me di a xente non editora á que lle pregunto sobre os usos que fai da Wiki, a maior parte das persoas consultan a enciclopedia a través do teléfono móbil, e chegan aos artigos a través de Google, non a través do buscador da propia Wiki. Non se coñece, en xeral, o feito de que hai artigos bos e de calidade.
Cadaquén ten as súas prioridades, e o feito de que dentro da comunidade traballemos en campos diversos coido que é positivo, que suma. Moitas veces tamén me sinto frustrado porque os intereses doutras compañeiras non se corresponden cos meus, pero respecto as inquedanzas de cada persoa, e agradezo as diversas achegas. Dito todo isto, anímote a seguir traballando en mellorar os contidos da Galipedia segundo os criterios que consideres oportunos, pois todas as achegas construtivas son válidas e suman, e o teu esforzo contribúe a facer unha Galipedia mellor. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de marzo de 2021 ás 21:10 (UTC)
- Vou facer unha pequena e breve achega. Os apoios chegan de cando en cando, porque é unha comunidade pequena, a xente ten pouco tempo para ler os artigos, etc. Polo menos pola miña parte. Pode que non estemos achegándonos ao problema pola vía adecuada: temos un período de votación para bos e de calidade de 30 días, que dende o meu punto de vista pode non resultar suficiente: a xente non ten tempo, e cando se decatan da votación poden ter pasado 15 días, e ler un "tocho" (normalmente) dun tema que pode ser que non interese, pois non é doado. Sería viable ampliar os períodos de votación, por exemplo a tres meses, e vemos cómo vai a cousa? --Norrin (Fálame) 27 de marzo de 2021 ás 13:11 (UTC)
Estevo(aei), eu entendo perfectamente que a xente non teña os mesmos intereses ca min (faltaría máis), entendo que á xente en xeral estes artigos non lles importen, pero tamén vexo que as únicas propostas que non chegan aos votos necesarios son as que eu fago, a isto lle sumas que os fíos que abro na taberna na maior parte dos casos non teñen participación (nin sequera cando propoño buscar entre toda a comunidade xeitos de achegar a Galipedia á xente e conseguir que a editen máis persoas), tamén que usuarios non contesten ás miñas mensaxes ou lles pida que engadan referencias e me manden procurar a min en enciclopedias galegas (ás que non teño acceso) as referencias do que esas persoas escribiron e que teñen ao alcance da man... todas esas cousas me fan plantexarme se realmente a comunidade quere que eu siga colaborando no proxecto e a plantexarme tamén poñer data de caducidade á miña participación no mesmo, xa que creo que cando non te queren nun sitio o mellor é irte.
Sobre o expresado por Norrin, eu non creo que poñer votacións de tres meses sexa bo, creo que dilatar os procesos de escolla (do tipo que sexan) fará que haxa menos propostas e polo tanto un crecimiento máis lento, que as propostas saian por aburrimento... creo que sería máis viable propoñer que se reduciran o número de votos necesarios, pasando de cinco a catro ou tres. Xa propuxen isto hai tempo e non houbo debate, non volverei sobre este tema, déixoo por se alguén o quere tomar e tentar que a comunidade cambie a política. Outra opción sería abrir un proceso de reflexión entre a comnidade para valorar a se realmente se quere manter estas categorías ou se eliminan, xa que se realmente a comunidade non ve necesario dar recoñecemento aos artigos de calidade ou bos, tampouco ten moito sentido que esas categorías existan e se sigan a facer propostas. Un saúdo, Piquito (conversa) 28 de marzo de 2021 ás 23:10 (UTC)
- Ola Piquito. Procurarei respostar pouco a pouco porque xa hai varias cousas.
- 1.-Eu coido que os artigos de calidade son imprescindibles porque son unha marca da calidade do proxecto (non a única pero si unha importante). Eu procuro participar nas votación pero é certo o que di Estevo, ás veces non se dá feito porque, precisamente, son artigos moi potentes e leva tempo darlles unha ollada (veño de traballar en Terra, e como me parecía importante, deixei abeirados outros artigos que tiña abertos).
- 2.-Non concordo con Norrin sobre abrir tanto tempo o período de votacións, coido que 1 mes é suficiente; se non podería darse o caso de ter abertas 5,6 ou 7 votacións á vez e, tamén, con tanto tempo , a min polo menos, se me pasarían os prazos. A min gustábame máis un sistema anterior no que aparecía unha nota na páxina principal da Galipedia; servía de aviso e, coido que, tamén servía de publicidade doproxecto para os visitantes. Pero... fora rexeitado.
- 3.-Finalmente, non Piquito, aquí non sobra ninguén. Eu entono o "mea culpa" por, quizais, non atender a eses aspectos co suficiente tempo, pero xa digo que non se dá feito, entre outras cousas, porque se está incrementando o nivel de vandalismo dende o outro lado do Atlántico e, iso, non pode esperar. Como dixeras ti, noutra nota anterior, temos un nivelón no tema musical (en gran medida, grazas ao teu traballo) e hai que seguir dándolle; hai que converter á Galipedia en referente nese tema e, a poder ser, noutros. Debes ter claro que si se te valora e, polo tanto, se tes dúbidas, desbótaas: escribindo con présa, ás veces, pérdense os matices e podemos dar entender ideas que non son. O tema de buscar máis participación; coido que se están a facer cousas que atraen editoras (últimamente) pero eu non me agobiaría máis do debido pois non creo que, este, vaia a ser un proxecto cunha afluencia descomunal dun día para outro. Eu vexo que, de cando en vez, aparecen usuarios novos, que van continuando paseniñamente e a iso debemos aspirar. Máis nada polo de agora. Un saúdo. E a darlle duro. MAGHOI (conversa) 29 de marzo de 2021 ás 18:34 (UTC)
Eu creo que ter activo o mecanismo de elixir artigos bos e de calidade é algo importante, porque serve para mellorar e refinar algúns artigos e porque todas as wikipedias o teñen (ata onde eu sei), polo que non vexo por que teriamos que ser distintos. Hai moita xente que non sabe o que son os artigos de calidade e busca desde o Googgle, etc., igual que hai xente que nunca consulta as referencias nin outras cousas, pero hai moita xente tamén que cambia de idioma desde a lista de interwikis, e ver alí a estrela chama a atención (polo menos a min si). Que entres nun artigo e diga que é de calidade dá prestixio, e despois temos as comparacións con outras wikis, na que parece que saímos perdendo se eles teñen un artigo recoñecido de calidade e nós non, cando moitas de veces o noso é de calidade igual ou superior. De todos modos, hei de dicir que eu nunca propuxen artigos para a votación como artigos de calidade ou bos, pero si que participo habitualmente nas votacións de moitos artigos. Por suposto, non participo na votación de todos, porque non teño tempo, tería que quitarlle tempo aos labores que estou facendo noutros artigos, ou porque algúns temas me interesan máis e outros menos e hai temas dos que non sei moito como para xulgar. Eu creo que a participación neste asunto é baixa en todas as wikipedias; o problema é que nós somos un proxecto pequeno. Non é igual que participe só o 5% dos editores nunha wikipedia con 5000 editores activos que o faga igualmente o 5% noutra con 300 editores activos. Por outra parte, hai editores que non consideran importante a designación de artigos de calidade e bos e non participan. Outros talvez non saben que existen esas votacións ou pásanlles desapercibidas. Por tanto, vendo todo en conxunto, que non haxa moita participación é o esperable. Algo esencial para traballar na Wikipedia (ademais de que che guste) é que teñas tempo. Eu mesmo este ano non teño a penas tempo, polo que practicamente non fixen ningún artigo novo, mentres que outros anos tiña tempo e facía un cento de artigos novos ao ano ou máis. Cando me piden colaboración eu sempre procuro axudar dentro das miñas posibilidades e hai que recoñecer o gran labor que fan algúns editores habituais como Piquito e outros.--Miguelferig (conversa) 30 de marzo de 2021 ás 10:16 (UTC)
Non son, nin de lonxe, todos lugares
[editar a fonte]Conversa trasladada desde: Conversa categoría:Caixas de navegación de lugares de Galicia |
Boa tarde,
Estiven investigando estes días no tema e non se poden considerar a todas as entidades de poboación de Galicia por defecto como "lugares". Cada localidade de España, e supoño que tamén noutros países, obstenta un título que indica o tipo de entidade de poboación que é, isto é, aldea, casarío, lugar, barrio, vila, cidade, casa de labor, urbanización, faro, casco urbano, núcleo urbano, capital, santuario, reitoral..., sendo os máis frecuentes e comúns os primeiros. Estaría ben que alguén máis entendido no tema me aclarase o asunto, pero o que esá claro para min é que sen as referencias oportunas, non se pode dicir que todas as parroquias de Galicia, nin de lonxe, estean divididas en lugares.
A categoría da entidade de poboación pódese consultar aquí. A fonte é de hai uns dez anos, se alguén encontrase algunha fonte máis recente estaría ben que mo comunicase. Non obstante, non creo que haxa moitas diferenzas. O que si que pode haber é problemas na medida da que a fonte está en castelán. No concello de Oleiros, por exemplo, aparecen algunhas entidades baixo o nome de "pueblo", e noutros concellos, baixo o nome de "villa", sendo os dous termos traducidos ao galego por "vila" (o termo "pobo" só fai referencia ao conxunto de habitantes que viven nun lugar, como en "Os políticos fan moito dano ao pobo" ou en "O pobo galego é emigrante".
Tendo que ver con isto, estiven xa facendo edicións relacionadas co tema nalgunhas parroquias do concello de Carballo, como Aldemunde, Ardaña, Artes, Berdillo, Bértoa ou Cances. Delas, moi poucas eran lugares, sendo a maioría aldeas, habendo algún casarío polo medio.
Se hai un consenso na comunidade da Galipedia acerca do tema, estaría ben que se especificase o seguinte:
- A diferenza entre cidade, vila e aldea non é a poboación. Sada é unha cidade, Madrid é unha vila e O Milladoiro é unha aldea. Tamén pode haber casaríos de máis de cen habitantes.
- Non se poden considerar a todos os que aquí aparecen baixo o termo "lugares" como "entidades de poboación", xa que non todas o son. Existen topónimos que aparecen no nomenclátor da Xunta de Galicia, pero que non saen no IGE nin no INE, co que non conteñen poboación de ningún tipo, sendo frecuentemente parte doutro lugar máis grande.
- O nome que aparece no IGE (e moito menos no do INE) non se ten que corresponder co oficial. De feito, se un realiza unha consulta no INE en concellos como Tui ou Monfero, verá que a toponimia está completamente castelanizada, exactamente como era antes da transición (tamén na fonte que aporto, xa que está baseada no INE).
Agardando atentamente unha resposta ao tema, saúdos.--Esquwiki (conversa) 18 de xuño de 2021 ás 15:17 (UTC)
- Téñase en conta que, segundo a RAG: "aldea" sempre é sinónimo de "lugar" e "lugar" é sinónimo de "aldea" nunha das súas catro acepcións.
- Hai lugares que estiveron poboados no pasado, e non forman parte doutro lugar, e que agora non teñen poboación. Poden perfectamente considerarse "entidades de poboación" porque realmente o foron.
- Por outra banda, hai varios temos que non se exclúen entre eles necesariamente. Por exemplo, que Madrid teña o título tradicional de "villa", non quita para que, de feito, sexa indiscutiblemente unha "cidade".
- Hai lugares que son praias, lugares que son pequenas illas... unha cousa non quita a outra. --. HombreDHojalata.conversa 18 de xuño de 2021 ás 22:27 (UTC) . HombreDHojalata.conversa 18 de xuño de 2021 ás 22:34 (UTC)
- @Esquwiki:: O Nomenclátor de Galicia non sinala que as parroquias estean "divididas en lugares", como dis ti, senón que recolle a organización administrativa en varios niveis. Xa que logo, cando nun artigo se sinala "A Chousa é un lugar da parroquia de Tal", indícase o seu nivel administrativo, non a súa realidade xeográfica. Podes botarlle un ollo a concellos de Galicia, parroquias de Galicia e lugares de Galicia.
Doutra banda, a páxina web que sinalas non é unha fonte oficial, senón unha web persoal dun señor, que indica: "La mayor parte de los datos utilizados están basados en las cifras de organismos oficiales, pero procesados y transformados en tablas y mapas que pretenden dar una visión sobre la realidad de la población española más fácil de comprender y de usar (...). Algunas cifras y mapas están basados en ideas propias del autor". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xuño de 2021 ás 07:36 (UTC)
Recursos A Chave
[editar a fonte]Ola. Alguén lembra unha conversa/debate que tiveramos hai anos con respecto á fiabilidade do léxico da Chave? Foi xa hai moito e non me acorda con exactitude de que ía o asunto, pero penso que a desbotaramos como fonte porque detectaramos numerosos erros e desviacións (sería talvez nos nomes de peixes ou noutro vocabulario do pau?) Alguén sabe onde pode andar perdido ese fío/política...? Quéreme soar que participara Elisardojm e non sei de HombreDHojalata. A ver se por exemplo a Estevo ou a Xabier Cid vos soa o tema, que levades traballando aquí dende os albores de civilización! Grazas de antemán e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10 de agosto de 2021 ás 08:42 (UTC)
- Conversa:Amazona brasiliensis, Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 22#Referencias de nomes comúns na "Chave" e Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 33#A Chave outra vez. --. HombreDHojalata.conversa 10 de agosto de 2021 ás 09:15 (UTC)
- Que efectividade. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 10 de agosto de 2021 ás 09:51 (UTC)
Poboación de Galicia
[editar a fonte]No artigo Galicia damos no cadro unha poboación de 2 701 819 en 2020, pero no texto a referencia é a 2016: 2 718 525. Máis adiante vén outro cadro, coa poboación de 2014, e se sumamos as referidas ás catro provincias obtemos unha cuarta cifra, agora referida a 2018. En resumo: nun mesmo artigo damos catro cifras, referidas a catro anos diferentes. Algo parecido pasa no artigo Demografía de Galicia, no que comezamos coa cifra de 2017 (2 707 700) pero que logo, sumando a poboación por provincias obteremos a cifra referida a 2011. Total: en dous artigos, seis cifras referidas a seis anos distintos. A min paréceme moi pouco coherente, pero de solución traballosa. A ver quen se quere poñer a unificar e actualizar as cousas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 9 de febreiro de 2022 ás 20:14 (UTC)
- Boas, @Lameiro Actualicei cos datos a 1 de xaneiro de 2021. Fíxeno nos cadros e os modelos integrados dentro do texto de Galicia. Poderías botarlle un ollo? Quedarían moitas cousas a actualizar sobre demografía, tanto neste como no de Demografía de Galicia, Vou ver se o podo ir facendo ós poucos, pero catro ollos mellor que dous. Podes de momento, mirar este que che indico e dicirme que che parecen os cambios? Graciñas! Maria zaos (conversa) 15 de maio de 2022 ás 14:51 (UTC)
Tarefas para os administradores
[editar a fonte]Por favor, hai tarefas pendentes no Wikipedia:Taboleiro dos administradores, por exemplo artigos que esperan a súa fusión.--HacheDous=0 (conversa) 14 de maio de 2022 ás 14:56 (UTC)
listado vs listaxe
[editar a fonte]Cómpre mover ou modificar o noso almacén de imaxes: Wikipedia:Imaxe do día/listado, tendo en conta que o termo listado non é correcto, e debe ser substituído por lista ou listaxe. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de maio de 2022 ás 15:38 (UTC)
Modelo:Users in Galicia (Spain) en Wikimedia Commons
[editar a fonte]Bos días. Descúlpome de antemán se non é procedente poñer isto acá, ao ser proxectos diferentes (aínda que dentro da Fundación Wikimedia), pero seguro que hai máis dun usuario que edita en ambos proxectos.
Hai un ratiño creei o modelo Usuarios de Galicia en Wikimedia Commons, por se alguén quere empregalo (ou modificalo). Un saúdo. Drow male (conversa) 6 de xullo de 2022 ás 11:16 (UTC)
- Eu xa o engadín na miña páxina. @Drow male: incluín unha opción pra que en galego permita amosar Galiza. One2 (conversa) 10 de xullo de 2022 ás 13:24 (UTC)
- Anda, non sabía que se podía facer. Grazas, @One2:. --Drow male (conversa) 10 de xullo de 2022 ás 19:00 (UTC)
Artigo destacado agosto 2022
[editar a fonte]Mañá é 1 de agosto e non hai artigo destacado para a portada. Falta un voto aquí -> https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Artigo_destacado/Propostas/Museo_finland%C3%A9s_do_h%C3%B3ckey_sobre_xeo por se alguén ten a ben. Saúdos - Cossue (conversa) 31 de xullo de 2022 ás 09:27 (UTC)
Sobre o final dunha votación (para artigo bo)
[editar a fonte]Bos días. Propuxen hai máis dun mes o artigo Aquarium Finisterrae para ser declarado "artigo bo", e recibiu 9 votos positivos incluindo o meu, 1 nulo e ningún en contra. O prazo rematou o 1 de setembro. Nestes casos, ¿quen debe pechar a votación? ¿Un administrador, ou un bot? ¿Debo solicitar eu o peche? Grazas. Drow male (conversa) 3 de setembro de 2022 ás 10:03 (UTC)
- Boas tardes Drow male. Podes pechar ti mesmo as votacións, o único que tes é que asegurarte de que todas as persoas que votaron cumpre cos requisitos (neste caso o usario Ocarteiro non os cumpre ao non chegar ás 150 edicións). Se tes algunha duda sempre podes contactar con algún administrador para que revise que a pechaches ben. Desta vez xa o fago eu (se queres revisa os cambios para ver o que fixen), as próximas xa sabes como facer. Un saúdo! Piquito (conversa) 3 de setembro de 2022 ás 12:43 (UTC)
- Grazas, Piquito, descoñecía o proceso. A próxima vez o terei en conta. Un saúdo. --Drow male (conversa) 3 de setembro de 2022 ás 12:49 (UTC)
Traducións automáticas
[editar a fonte]Estimados compañeiros.
Quero deixar, aquí, algo para a reflexión.
É moi bonito facer moitas traducións automáticas a toda velocidade, pero ... hai que pararse a lelas, revisalas e corrixilas, e non agardar a que veña outro detrás a facelo. Doutro xeito, este proxecto acaba sendo unha verdadeira trapallada.
O que non saiba como facer algunha cousa, por favor, que pregunte.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 10 de setembro de 2022 ás 10:35 (UTC)
Artigo destacado para o mes que ven
[editar a fonte]Amigos, precisamos escoller un artigo para a sección "Artigo destacado" da portada do mes que ven. Facede, por favor, as vosas propostas e participade en Wikipedia:Artigo destacado/Propostas. --. HombreDHojalata.conversa 19 de outubro de 2022 ás 18:08 (UTC) --HacheDous=0 (conversa) 11 de xaneiro de 2023 ás 16:56 (UTC)
Consideración
[editar a fonte]Apetéceme facer unha consideración; creo que os habitualmente colaboramos coa wikipedia teriamos que pasar máis tempo lendo os artigos que hai creados ou os que temos en mente traducir. Simplemente lendo os artigos cun pouco de vagar atopamos infinidade de frases sen sentido ou temos unha primeira impresión que iso non pode estar ben; e que permanezan, se xa están, ou que os traduzamos, se aínda non están, non achega nada á Galipedia, máis ben todo o contrario. Por suposto hai moitos máis artigos que son de todo punto correctos, mesmo dos mellores de todas as wikipedias; pero desgrazamente, penso que o que vai recordar un lector non habitual da Galipedia é o que está mal. É simplemnete unha reflexión.--HacheDous=0 (conversa) 11 de xaneiro de 2023 ás 16:57 (UTC)
- Estou moi dacordo. Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 20:16 (UTC)
- Tamén concordo --MAGHOI (conversa) 4 de febreiro de 2023 ás 20:55 (UTC)
Borrados rápidos
[editar a fonte]Ola, hoxe borrouse (e propúxose para borrar máis tarde) dous artigos sobre a escritora Sica romero. A razón aducida foi "contidos promocionais".
Ese borrado inicial non foi feito conforme o procedemento. Os contidos de "autobombo" ou "promocionais" deben borrarse só despois dun debate onde se escoiten todos os argumentos. Menciono a Usuario:Chairego_apc, que creo que foi quen borrou o primeiro, pero pode ser que haxa versións anteriores. Só poden borrarse de maneira expedita os contidos que sexan tan evidentemente promocionais que sexan, directamente, anuncios. Se hai marxe de dúbida, e creo que é razoable que a haxa, o artigo debe ser proposto para o seu borrado e, se hai un consenso razoable, eliminado.
Ademais, en ningún caso se falou coa suposta autora e se lle explicou qué estaba a facer mal, e por que. Creo que, aínda tendo razón (e parece que hai motivos para a desconfianza sobre a limpeza das edicións orixinais), non se seguiron os procedementos adecuados que fan desta Galipedia a casa de todos, tamén dos que se trabucan ou cometen erros de principiante.
Vou dedicar uns minutos a desfacer o que se fixo e a comunicar coa autora destas edicións. Por favor, comentádeme, explicádeme, berrádeme con gusto, porque do diálogo se aprende e nos entendemos. Apertazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de febreiro de 2023 ás 20:16 (UTC)
- Ola, Xabier. Prescindido do tema da autorpromoción. Veño de ler o artigo e dou a miña opinión. Se queremos facer un catálogo de todo canto autor ou autora hai en galego, por min, podería quedar. Partindo desa base , o contido co artigo quedaría reducido a case nada porque o único que vexo relevanta, máis aló dos datos vitais propios, é a realización dunha única obra. É dicir, sería un artigo "curto de máis". a maiores, habería que conseguir referencias do nacemento, do grao realizado e da publicación da propia obra.Por outra banda, o artigo tal como está, precisa dun traballo de formato e de eliminar frases como "A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte", "foi unha afeccionada aos libros dende ben pequena", "..compaxinou os seus estudos con traballos en distintos eidos: bibliotecaria, guía de exposicións...", ás que non lles vexo maior relevancia enciclopédica, pois poden ser pauta común de case calquera persoa.
- Resumindo: pode quedar como un artigo moi curto coa sinopse sobre a obra (de querer manter a catalogación de autores) ou tamén pode ser borrado. Espero que outros compis opinen. Saúdos. MAGHOI (conversa) 4 de febreiro de 2023 ás 21:07 (UTC)
- Só sinalar que se ten tódolos datos e obras ―aínda que sexa só unha― non creo que poida ser «curto de máis»; ó contrario, malia ser curto, estaría completo. Curto de máis é cando falta información relevante. One2 (conversa) 4 de febreiro de 2023 ás 22:39 (UTC)
- O artigo é "Sica Romero" e hai unha Wikipedia:Votacións para borrar/Sica Romero aberta. --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2023 ás 10:38 (UTC)
Solicitude de restauración de artigos de lugares borrados
[editar a fonte]Mais que obsesión ten algunha xente con eliminar? A ver se nos dedicamos menos a destruír, que sempre é o fácil. Elimináronse lugares que aparecen na listaxe das entidades de poboación da Xunta ([2]), que se poden descargar no centro de descargas ([3]) ou ver no propio visor marcando a capa de entidades de poboación ([4]). Que o nomenclátor sexa a nosa fonte principal non quer decer que non haxa outras. Solicito a súa restauración. One2 (conversa) 23 de febreiro de 2023 ás 23:40 (UTC)
- Bo día, entendo e considero moi interesante o que indicas, One2. Pero deberíamos incluír unha modificación que explicite esas fontes e a súa prioridade na política de Toponimia e votala de novo. Por outra banda varios dos lugares foran creados onte por Breobot e outros nunca foran revisados en máis dunha década e polo xeral, contiñan información básica. Coa política, imperfecta ou non, na man, o lóxico é manter o criterio que se seguiu ata o do agora, por coherencia. En todo caso a Galipedia denominabaos lugares, non entidades de poboación, polo que como lugares non deberían figurar. Sobre a terminoloxia /categoría administrativa e as fontes que a sustenten debería informar claramente a política, xa que non son branco ou negro , como indicas, pero escoller unha fonte ou outra ten distintas consecuencias sobre como Galipedia indique que é a división do territorio. En todo caso, repito, os modelos destes lugares non foran revisados dende hai tempo e a maioría dos borrados onte foron creados polo Breobot e algún outro por un usuario de hai tempo con edicions inferiores ás necesarias para votar políticas. Obsesión ningunha. Ganas de verlle unha solución ao asunto, xa que non é coherente que a quen revisa coa politica na man e busca unha solución teña que estar a escribir, pero a creación de lugares vamos poñer dubidosos de modo automático non se lle vexa gran problema. Anímote a facer unha proposta de modificación da política, pero considero que a solicitude de borrado rápido que fixen onte destes lugares esta xustificada. Maria zaos (conversa) 24 de febreiro de 2023 ás 06:43 (UTC)
- Máis alá de que deban existir ou non artigos sobre esas entidades de poboación, eu son partidario de borrar os artigos que non teñan un contido mínimo. Se simplemente son "Tal sitio é un lugar de tal parroquia en tal concello", para min son artigos de borrado, igual ca se poñemos "Fulano Pérez é un ser humano". --Estevo(aei)fálame aquí 24 de febreiro de 2023 ás 08:31 (UTC)
- De feito, son partidario de borrar todos os artigos creados pola conta Usuario:Breobot. Cando se aprobou a conta de bot (Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación/Arquivo/2019) indicouse que "Serve para corrixir sintaxe desbotada e outros pequenos erros de artigos dentro das categorías de mantemento", non para crear contido novo. --Estevo(aei)fálame aquí 24 de febreiro de 2023 ás 08:34 (UTC)
- Boas a todos!! Entro no debate. Hai un tempo propúxenme crear os lugares de toda Galicia e facelo de maneira sistemática porque é unha tarefa quizais demasiado grande para unha persoa soa. Isto fágoo de maneira manual co bot para non encher a páxina de cambios recentes e que os outros usuarios poidan facer seguimento das edicións do día a día. O caso é que me está a levar máis tempo do agardado, son moitos lugares e vou por partes. María zaos estame axudando enlazando os lugares con Wikidata, do cal estoulle moi agradecido. Pediría un pouco de paciencia porque o único que lles falta aos lugares é o dato de poboación co ano. Tamén vou poñendo información da toponimia nalgúns que vou facendo. Se preferides que non o faga co bot, fareino co meu usuario, mais o meu obxectivo será o mesmo. Por outra banda, paréceme correcta a maneira de actuar de María, para min o borrado rápido deses lugares en concreto estaba xustificado. O feito de que ela revise os lugares que vou facendo axúdanos a depurar os erros que haxa nos modelos de parroquias que poden estar presentes por moitos anos. Saúdos. Breogan2008 (conversa) 24 de febreiro de 2023 ás 09:42 (UTC)
- De feito, son partidario de borrar todos os artigos creados pola conta Usuario:Breobot. Cando se aprobou a conta de bot (Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación/Arquivo/2019) indicouse que "Serve para corrixir sintaxe desbotada e outros pequenos erros de artigos dentro das categorías de mantemento", non para crear contido novo. --Estevo(aei)fálame aquí 24 de febreiro de 2023 ás 08:34 (UTC)
- Eu non creo nin que haxa que modificar a política de toponimia Maria zaos; a Wikipedia constrúese con fontes, e aínda que decidamos que unha ten prioridade, existen outras de calidade (como a listaxe referida, o PXOM, libros…) que poden e deben ser empregadas. Se o Nomenclátor di unha cousa e outra fonte di que está mal pois engádese o dato maiores (p. ex. en As Maus [agora eliminarédelo XD]). Se o Nomenclátor está incompleto (como é o caso) e outras fontes permítennos completar os lugares de Galiza, lugares que sabemos que existen, pois xenial. O contrario paréceme inconcebíbel.
- As chamadas entidades de poboación son os lugares, non sei que dúbidas pode haber aí, de feito no ficheiro .dbf o nome da columna é nome_lugar. Sobre que só tiñan información básica, e que Estevoaei eliminaría tamén, evidentemente non concordo, e abofé que non foi o que se fixo até o de agora. De feito, obras como a Gran Enciclopedia Galega trai os lugares e xa. Se nós lle pomos a coordenada xa estariamos a superar esa obra de referencia. Algún dos artigos eliminados semella que até tiña foto... Non entendo moi ben iso de que foron creados por usuarios que non poden votar, aquí non hai edicións de segunda. Eu mesmo teño creado artigos de lugares que non veñen no Nomenclátor e podo votar. E seguro que hai máis por aí. E temos até unha parroquia (Vigo) que non figura no Nomenclátor. No que respecta á categoría administrativa, temos uns cantos artigos de barrios de cidade, que pra eses si que non hai referencia oficial. Vaise eliminar todo isto? One2 (conversa) 24 de febreiro de 2023 ás 12:00 (UTC)
- Sinceramente eu creo que a redacción actual da política é insuficiente. En todo caso, a aprobación da solicitudes de borrado faina un administrador, que é a figura que a comunidade decide como representante e intérprete das politicas,así que non entendo moi ben o tono desta resposta. Se a política non o sustenta, que se restaure. Son a primeira a quen lle gustaría que quedase claro un consenso sobre este tema, e andas errado se pensas que me move un afán borrador ou moitisimo máis que fago distincións por supostas categorías de usuarios. Máis ben ao contrario, gustaríame ver ben sentadas as bases para poder ter canta información sexa posible de cada sitio. Isto implica un criterio claro e único,o que sexa. Do contrario o que se xera é ruído e se dificulta a tarefa dos interwikis. Agora ben, a política existe , está redactada como está e a fonte que refire é única. Que se teñan dúas visións sobre o tema indica que a redacción da política non é tan clara como se desexaría. E creo que che sorprendería os moitos puntos que podemos ter en común ti e mais eu One2, sobre o uso doutras fontes e a inadecuación do Nomenclátor de Galicia. Outro tema interesante que para nada vén en ningures é o nivel de detalle: é dicir, un hórreo /cruceiro/Festa que está nun lugar debe describirse sempre no lugar, na parroquia ou no concello? Sácoo a colación polo tema de lugares con datos mínimos que indica Estevoaei. Se unha usuaria nova dun lugar quere crear información na Galipedia sobre cousas deste lugar, non sería máis práctico que ese existise de antemán? (pregunta aberta, non teño unha resposta) Non só falamos de qué se quere crear, senón tamén para que ( que información desexable conviría incluír en cada sitio) e debería aclararse un pouco, xa que garda bastante relación coas fontes a usar.
Pola miña banda xa expuxen bastantes veces estas cousas e e expliquei as discrepancias entre fontes e as limitacións do Nomenclátor e as distintas unidades estatísticas, que quedan enterradas en arquivos de conversa esperando un consenso que vaia máis alá da política e sexa claro e estable. Para este tema de borrado concreto, que responda o administrador que o borrou, xa que tamén faría a súa valoración. E ata aquí cheguei. Non teño persoal interese en que haxa x ou z lugares ou x e z contidos relacionados cos lugares en Galipedia. É unha cuestión que lle compete á comunidade no seu conxunto, evolucionando en contidos como vén facendo, segundo as súas políticas e normas. Se se fai unha proposta clara de consenso de como debería ser a millorada estrutura territorial de Galicia na Galipedia traballarei nela aquí co mellor que saiba e teña. Polo resto simplemente recordar o principio da boa fe. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 24 de febreiro de 2023 ás 16:35 (UTC)- Sinto se o ton non che pareceu o correcto Maria zaos, cústame entender a eliminación, que na miña opinión non procede, e quizais me acendín demasiado. Tampouco me refería especificamente a ti canto a ansia de eliminar, senón en xeral, co que vexo ultimamente. Sexa como for, creo que estes lugares han estar no novo nomenclátor, se é que sai algunha vez. Sobre o do hórreo/cruceiro/festa… eu creo que en xeral podería ir tanto no lugar como na parroquia, pois cada artigo considéroo mais ou menos independente, aínda que seguro que non todos pensan así. Só agradecerche o traballo que fas cos lugares e parroquias aquí e no Wikidata. One2 (conversa) 25 de febreiro de 2023 ás 01:14 (UTC)
- Sinceramente eu creo que a redacción actual da política é insuficiente. En todo caso, a aprobación da solicitudes de borrado faina un administrador, que é a figura que a comunidade decide como representante e intérprete das politicas,así que non entendo moi ben o tono desta resposta. Se a política non o sustenta, que se restaure. Son a primeira a quen lle gustaría que quedase claro un consenso sobre este tema, e andas errado se pensas que me move un afán borrador ou moitisimo máis que fago distincións por supostas categorías de usuarios. Máis ben ao contrario, gustaríame ver ben sentadas as bases para poder ter canta información sexa posible de cada sitio. Isto implica un criterio claro e único,o que sexa. Do contrario o que se xera é ruído e se dificulta a tarefa dos interwikis. Agora ben, a política existe , está redactada como está e a fonte que refire é única. Que se teñan dúas visións sobre o tema indica que a redacción da política non é tan clara como se desexaría. E creo que che sorprendería os moitos puntos que podemos ter en común ti e mais eu One2, sobre o uso doutras fontes e a inadecuación do Nomenclátor de Galicia. Outro tema interesante que para nada vén en ningures é o nivel de detalle: é dicir, un hórreo /cruceiro/Festa que está nun lugar debe describirse sempre no lugar, na parroquia ou no concello? Sácoo a colación polo tema de lugares con datos mínimos que indica Estevoaei. Se unha usuaria nova dun lugar quere crear información na Galipedia sobre cousas deste lugar, non sería máis práctico que ese existise de antemán? (pregunta aberta, non teño unha resposta) Non só falamos de qué se quere crear, senón tamén para que ( que información desexable conviría incluír en cada sitio) e debería aclararse un pouco, xa que garda bastante relación coas fontes a usar.
Obtención de credenciais "creador de contas"
[editar a fonte]Hola boas tardes. Quero iniciar un pequeno wikiproxecto no meu periodo de prácticas en primaria e para iso preciso de crear as contas dos meus alumnos, cousa que no se pode facer pola restrición de IP.
En canto iniciemos o wikiproxecto, a nosa intención e crear un artigo seleccioado polos alumnos e outro en parellas sobre un ser pertencente a Mitoloxía galega, incluindo contido textual, ilustracions e se é posible a conversión destes a audio para mellorar a accesibilidade á información por parte de todos.
Polo tanto espero que alguén nos de unha pista ou un bibliotecario –teño entendido que é a persoa axeitada– poida darnos os permisos. Sei que hai que ter unha experiencia de máis de 6 meses para solitar o rol de creador de contas, teño outra conta persoal fora do proxecto que ten anos. Espero unha resposta e pido desculpas e paciencia por todos nos.
Grazas Miguelinmestre (conversa) 28 de febreiro de 2023 ás 14:46 (UTC)
- Ola, Miguelinmestre. Recomendaríache que lle botases unha ollada a Wikipedia:Proxectos pedagóxicos. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 28 de febreiro de 2023 ás 16:27 (UTC)
- Grazas pola resposta. Xa estiven lendo iso, igual pasei por alto algún aspecto pero o ler isto: "Aviso: desde unha mesma dirección IP, non é posible crear máis de seis contas por día. Se precisades superar este límite avisade con varios días de antelación no taboleiro dos administradores ou consultade as preguntas frecuentes." fun ó taboleiro de administradores e non atopaba que facer. Miguelinmestre (conversa) 28 de febreiro de 2023 ás 17:04 (UTC)
Introducing Adiutor Project
[editar a fonte]Dear fellow Wikimedia enthusiasts, we are excited to introduce the Adiutor Project, an initiative aimed at enhancing the Wikipedia editing experience! Adiutor is a user-friendly gadget designed to simplify various tasks for Wikipedia editors, making editing easier, faster, and more enjoyable. From creating deletion requests to conducting copyright checks, Adiutor streamlines repetitive processes, giving you more time to focus on creating valuable content for the community. If you're interested in using Adiutor on your local wiki, we'd love to hear from you! Drop us a message here or reach out to Vikipolimer with your Wikimedia community details. Let's collaborate to bring Adiutor to your language and wiki! Join the Adiutor Project, and together, let's make Wikipedia editing a more efficient and rewarding experience! For any questions or to express your interest in bringing Adiutor to your local wiki, feel free to contact Vikipolimer - we're here to support and work together with you! Looking forward to your enthusiastic participation! Vikipolimer (conversa) 6 de agosto de 2023 ás 00:50 (UTC)
Portada de setembro
[editar a fonte]Votacións |
---|
Artigos e imaxes destacados |
Artigos de calidade (Propor · Votar) |
Políticas e normas |
Votacións para borrar |
Artigos propostos para borrar (Votar) |
Permisos de usuarios |
Estimadas compañeiras e compañeiros.
Había que sacar a portada de setembro.
Facede as vosas propostas e participade, por favor, en "Wikipedia:Artigo destacado/Propostas" e en "Wikipedia:Artigo destacado/Votacións".
Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 23 de agosto de 2023 ás 10:02 (UTC)
Votacións para destacados
[editar a fonte]Ola! Habería que pechar as dúas votacións para artigos destacados da portada (o "destacado" e o "sobre Galicia"), se ben é certo que o prazo mínimo aínda non rematou, dende o mesmo momento en que ambos artigos aparecen na portada manter aberta esa votación carece de sentido, xa que a votación é precisamente para iso. Ambos artigos, coa política na man, non deberían estar a día de hoxe na portada, a min non me importa que se pechen as votacións antes de tempo, mais si considero que debe facerse unha revisión da política e indicar claramente se se pode facer, con canta marxe se pode facer (pode estar un artigo un día en votación e poñelo ao día seguinte na portada? pode revisarse un artigo que nunca foi votado como o de Arsenio Iglesias ou o de Hannah Arendt -ningún é bo ou de calidade- nun día ou dous? creo que hai que poñer un límite), en que casos específicos se pode facer... a fin de evitar problemas futuros con persoas que poidan pechar unha votación a conveniencia amparándose nestes casos. Un saúdo e grazas, Piquito (conversa) 2 de setembro de 2023 ás 18:22 (UTC)
- Ola, @Piquito. Tes razón no que indicas. Porén, non sei moi ben como resolver esta cuestión. Vou ao concreto. Co artigo de Arsenio Iglesias, non hai moito problema porque nunhas horas estaría correcto (o prazo de votación remata mañá, e hai votos suficientes, en principio, para que a votación non mude). Co artigo de Hannah Arendt, que propuxen eu, a votación (que tamén nestes momentos, sería suficiente) remataría o día 9.
- Eu propuxen este artigo atendendo á chamada de @HombreDHojalata e porque se nos botata enriba a portada de setembro. Eu entono o mea culpa, por non estar máis atento. Pero, así e todo, aínda que nestes momentos funcionase mal, eu non son partidario de mudar as políticas sobre ese tipo de votacións porque nos levaría máis tempo. Eu procurarei estar máis espelido para que isto non se volva producir.
- Sobre a portada actual, non sei como quitar o artigo de Hannah Arendt, e sería partidario de estender o prazo, excepcionalmente, o artigo do mes pasado, até ver se o artigo de Hannah, se pode colocar a partir do día 9, con toda legalidade. Xa digo, non sei como resolver ese problema técnico. En todo caso, agradezo a túa chamada de atención. Saúdos. MAGHOI (conversa) 2 de setembro de 2023 ás 18:47 (UTC)
- MAGHOI, eu non vou ao concreto, vou ao xeral, estes dous artigos xa están na portada, non digo de cambialos porque non ten sentido converter isto nunha casa fantasma con artigos que aparecen e desaparecen, ao que vou é a tentar que isto non volva ocorrer no futuro se queremos manter catro votacións para artigos (de calidade, bos, destacados na portada e sobre Galicia), algo ao que eu me opoño, como creo que é ben sabido. Saúdos, Piquito (conversa) 2 de setembro de 2023 ás 18:56 (UTC)
- Evidentemente, a día 2 de setembro deberían estar pechadas as dúas votacións, estea ou non rematado o prazo teoricamente previsto. Non atopo resultados no caso de Arsenio Iglesias, pero no de Hannah Harendt non lle vexo problema de fondo, só formal: acadou 7 concordos en 5 días (antes de chegar setembro), así que parece claro o apoio da comunidade. Tampouco sei se había ou non recambio para os artigos de portada de setembro, é dicir: se non se suben eses, incumprindo os prazos, ¿habería outros artigos na portada deste mes? Se a resposta fose non, creo que paga a pena forzar a política neste caso (e pon en evidencia que algo falla na proposta de artigos destacados), porque sería peor quedarnos sen portada. Non sei quen foi Hannah nin qué fixo, e de Arsenio só sei que foi entrenador do Depor, algo que non me importa en absoluto, así que non valoro se merecen ou non estar na portada. Creo lembrar que foi HdH quen subiu estes artigos destacados pero non sei se o explicou ou xustificou (se non o fixo, mal feito, por suposto), pero non creo que o fixera "por conveniencia". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 2 de setembro de 2023 ás 19:06 (UTC)
- ATENCIÓN: para ben seguir o diálogo, hai que ir ao Historial. Por un conflito de edición, non apareceu a miña constestación a Piquito nin a súa réplica posterior. Ámbolos dous comentarios son anteriores á contestación de Lameiro. Saúdos MAGHOI (conversa) 2 de setembro de 2023 ás 19:23 (UTC)
Lameiro, non digo que se subiran eses destacados "por conveniencia", en ningún caso estou a falar deste caso concreto senón de cousas que poderían pasar. Ao que me refiro é a que eses dous artigos non deberían estar aínda na portada porque as súas votacións non finalizaron, e que para evitar que isto volva ocorrer (que saian os artigos antes de pecharse a votación) deberíase mudar a política para, ou ben mudar os prazos de votación (actualmente 15 días que ningunha das votacións dos artigos agora en portada cumpre) ou establecer excepcións ao período que temos agora marcado. Reitero que en ningún caso estou dicindo que teñamos que eliminar eses artigos que hoxe están destacados. Sobre se había outros artigos propostos considero que é irrelevante, do que se trata aquí é unha cuestión de prazos das votacións, se houbera outras propostas feitas "en tempo" non habería debate, e se estiveran tamén fora deses 15 días o debate sería o mesmo... Graciñas, Piquito (conversa) 2 de setembro de 2023 ás 20:17 (UTC)
Título: "Pincipado de Asturias" ou "Asturias"
[editar a fonte]Hai unha discusión sobre este asunto en: Conversa:Asturias#Título: "Pincipado de Asturias" ou "Asturias" --. HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2023 ás 09:35 (UTC)
Nota de prensa 200000 artigos
[editar a fonte]'--Enviada--'Agremon(contacto) 28 de outubro de 2023 ás 07:41 (UTC)
Ola! Entre varias persoas redactamos unha nota de prensa para darlle visibilidade ao proxecto con motivo dos 200 000 artigos aos que estamos a piques de chegar. Déixoa a continuación para que a comunidade a poida ler, corrixir, e se é o caso engadir ou retirar algún contido, grazas.
“ | A Galipedia está de celebración. O pasado día 27 de outubro a versión en galego da famosa enciclopedia en internet Wikipedia chegou aos 200000 artigos no ano do seu 20º aniversario, cun artigo relacionado coa diversidade biolóxica.
Con todo, a Galipedia é moito máis que un bo número de artigos que abranguen todas as áreas de coñecemento, dende as ciencias ou as artes ata a xeografía, a historia ou os deportes, exercendo un importante papel a prol da normalización do galego que foi recoñecido co Premio Xoán Manuel Pintos da cidade de Pontevedra ou o Premio Rosalía de Castro de Lingua concedido pola Deputación da Coruña. Dende hai anos a Galipedia fixo unha aposta clara pola calidade, froito da cal creáronse máis de 240 artigos de calidade (a máxima distinción que un traballo pode acadar por parte da comunidade) e máis de 100 artigos bos, moitos deles creados dentro do propio proxecto e outros moitos traducidos doutras linguas. A comunidade da Galipedia traballa constantemente na mellora dos distintos artigos corrixindo a súa ortografía ou actualizándoos, entre outros traballos, ademais estase a traballar na aplicación dunha ferramenta que actualice de xeito automático algúns datos dos artigos como a poboación das cidades ou países de todo o mundo. Aínda que a Galipedia trata temas universais, a presenza de Galicia no proxecto é fundamental, poñendo en valor personalidades, festas, tradicións, lugares... da nosa terra. Especial importancia tivo nestes anos o traballo realizado por numerosas persoas do proxecto para ilustrar os artigos de todas as parroquias de Galicia, tendo cubertas xa todas as parroquias das provincias de Pontevedra e da Coruña, e boa parte das de Lugo. A través da conta de Instagram de wikipedia_en_galego tamén se conseguiu ilustrar unha boa cantidade de artigos biográficos, e presenta curiosidades, imaxes destacadas, temas de actualidade que se tratan na enciclopedia, entre outras moitas cousas. Por suposto, un dos obxectivos da Galipedia é a loita contra a fenda de xénero, tentando reducila mediante a creación de biografías de mulleres e temas relacionados como o deporte feminino, se ben o camiño que queda por percorrer é aínda longo. A día de hoxe, e a pesar da celebración desta cifra, a Galipedia enfróntase á dificultade de conseguir máis persoas que colaboren co proxecto para poder seguir medrando en cantidade e en calidade, comezar a editar é moi sinxelo e sempre haberá algunha persoa con experiencia para axudar a quen se decida a comezar. |
” |
Piquito (conversa) 27 de outubro de 2023 ás 08:12 (UTC)
- Engadido ", cun artigo relacionado coa diversidade biolóxica" Agremon(contacto) 27 de outubro de 2023 ás 11:25 (UTC)
- corrixo "interet" e "colaboren on". ※Sobreira ◣◥ 〒 @「parlez」 27 de outubro de 2023 ás 16:55 (UTC)
- Unha vez enviado, foi publicado ao menos en:
- Boas a todos, para celebrar o fito dos 200.000 artigos redeseñei o logo da Galipedia. Se vos parece ben, podemos usalo como logo por un tempo, se cadra ata que remate este ano, que foi o 20 aniversario da nosa wiki. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 30 de outubro de 2023 ás 09:04 (UTC)
- Concordo co logo de Breogan2008, por suposto! Piquito (conversa) 30 de outubro de 2023 ás 13:48 (UTC)
- Concordo!Agremon(contacto) 30 de outubro de 2023 ás 14:33 (UTC)
- Concordo--MAGHOI (conversa) 30 de outubro de 2023 ás 14:55 (UTC)
- Concordo --Chairego apc (conversa) 30 de outubro de 2023 ás 19:52 (UTC)
- Concordo. Xas (conversa) 1 de novembro de 2023 ás 12:21 (UTC)
- Bo día. Comentei noutro lugar, Breogan2008, se non habería que pór no logo algunha alusión á Galipedia (unha bandeira ou trocar o de Wikipedia por Galipedia....) porque pode levar a confusión colocar a palabra Wikipedia máis a cifra? Como o vedes? Saúdos.
- Aló polo 2004 ou 2005 lembro un tirón de orellas da Fundación Wikimedia por substituír na portada Wikipedia por Galipedia. Agremon(contacto) 1 de novembro de 2023 ás 17:37 (UTC)
- Daquela, nada hai que facer. MAGHOI (conversa) 1 de novembro de 2023 ás 17:40 (UTC)
- Boas. Concordo co de manter wikipedia. Non entendo moi ben o de levar a confusión, a fin de contas o noso logo xa é así. Saúdos. Breogan2008 (conversa) 1 de novembro de 2023 ás 18:51 (UTC)
- Daquela, nada hai que facer. MAGHOI (conversa) 1 de novembro de 2023 ás 17:40 (UTC)
- Aló polo 2004 ou 2005 lembro un tirón de orellas da Fundación Wikimedia por substituír na portada Wikipedia por Galipedia. Agremon(contacto) 1 de novembro de 2023 ás 17:37 (UTC)
- Bo día. Comentei noutro lugar, Breogan2008, se non habería que pór no logo algunha alusión á Galipedia (unha bandeira ou trocar o de Wikipedia por Galipedia....) porque pode levar a confusión colocar a palabra Wikipedia máis a cifra? Como o vedes? Saúdos.
Árbore xenealóxica EntiTree de Orlando Groppo
[editar a fonte]Estase a falar dun tema que penso que é do interese de toda a comunidade en: Conversa Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Persoa#Árbore xenealóxica EntiTree de Orlando Groppo. --. HombreDHojalata.conversa 9 de maio de 2024 ás 20:50 (UTC)
Categorización de seleccións deportivas
[editar a fonte]Boas! Veño de categorizar un par de artigos sobre seleccións deportivas de España e observei que cando hai unha categoría dunha selección en concreto se denomina Categoría:Selección de fútbol de España (por poñer un exemplo). O problema é que cando se fala da "selección de fútbol de X país" se entende que se está a falar da selección masculina absoluta desa modalidade, polo que propoño mudar esas categorías a "Categoría:Seleccións de (deporte) de (país)" para incluír na categoría xa non só as seleccións femininas absolutas senón as U18, U20... ou as que sexa. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de xuño de 2024 ás 18:48 (UTC)
- Concordo Chairego apc (conversa) 11 de xuño de 2024 ás 20:26 (UTC)
- Concordo O Breixo (conversa) 12 de xuño de 2024 ás 02:44 (UTC)
- Comentario: Aí vai unha listaxe das afectadas: [5] --. HombreDHojalata.conversa 12 de xuño de 2024 ás 07:41 (UTC)
- Concordo MAGHOI (conversa) 13 de xuño de 2024 ás 16:13 (UTC)
- Concordo Xas (conversa) 13 de xuño de 2024 ás 20:28 (UTC)
Informe sobre o usuario: Dr. Coverall
[editar a fonte]Solicitei o bloqueo do usuario en Wikidata, onde tamén estivo facendo edicións. Recibín ademais unha ameaza directa deste usuario na miña páxina de conversa da Wikidata. Agardo que se solucione o antes posible. --Dodro (conversa) 3 de novembro de 2024 ás 17:39 (UTC)
- Boas @Dodro, lamento moito oír o das ameazas directas contra ti. Tes toda a miña solidariedade e o da comunidade enteira. Para min é incomprensible o comportamento deste usuario, totalmente fóra de lugar e inaceptable. Grazas pola túa paciencia e bo facer. Breogan2008 (conversa) 3 de novembro de 2024 ás 18:54 (UTC)
- O usuario Dr.Coverall foi bloqueado en Wikidata cun tempo de duración: para sempre, por acoso na Galipedia e, tras ser bloqueado na Galipedia, por usar Wikidata para eludir o bloqueo e continuar co acoso. --Dodro (conversa) 3 de novembro de 2024 ás 08:25 (UTC)
- Ola, @Dodro. Sinto moito o acontecido con este usuario. Eu mesmo lle tiven que ampliar o tempo de bloqueo na Galipedia porque non desistía nas ameazas. Unha aperta forte. --Chairego apc (conversa) 8 de novembro de 2024 ás 18:47 (UTC)