Peite
Aparencia
O peite,[1] pente[2] ou pieite[3] é un utensilio plano con púas que serve para arranxar, desenredar e limpar o cabelo ou compor outras fibras. Existen diferentes modelos, que varían no número e grosor das púas, segundo o tipo de cabelo ou fibra que se desexe arranxar. Os peites fabricábanse outrora en cuncha de tartaruga carei pero ao estar prohibida a caza da tartaruga, agora os materiais máis habituais son o plástico e a madeira.
Existen os seguintes tipos de peites:
- Peites de púas anchas. Úsanse para peitear cabeleiras con moito pelo e para definir os rizos.
- Peites de púas estreitas. Son útiles para peitear o cabelo mollado.
- Peites mixtos, que combinan púas anchas e estreitas. Poden usarse indistintamente unhas ou outras simplemente dándolle media volta ao peite.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peite.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pente.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pieite.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peite |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Peite |