Pacto de Múnic - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pacto de Múnic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adolf Hitler saúda ó primeiro ministro británico Neville Chamberlain nas escaleiras do Berghof, o 15 de setembro de 1938

O Pacto de Múnic (en alemán Münchner Abkommen, en checo Mnichovská dohoda) levouse a cabo en dita cidade de Baviera (Alemaña), en 1938, para resolver a crise dos Sudetes. Nel estableceuse a incorporación deste territorio de Checoslovaquia ó estado alemán.

Os asinantes foron: Adolf Hitler (Alemaña), Edouard Daladier (Francia), Benito Mussolini (Italia) e Neville Chamberlain (Reino Unido). É por iso que o entón presidente checoslovaco, Edvard Beneš proclamou: "Decidiron sobre nós, sen nós".

Este tipo de política é xeralmente chamada como "appeasement" ou acougo. A consecuencia foi que Hitler logrou desestabilizar a defensa de Checoslovaquia (que tiña un sistema defensivo militar moi ben preparado) e abriu o camiño para a ocupación de Checoslovaquia poucos meses despois. Checoslovaquia era o segundo produtor de armamentos do mundo e involuntariamente asistiu a Alemaña durante a segunda guerra mundial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cole, Robert A. "Appeasing Hitler: The Munich Crisis of 1938: A Teaching and Learning Resource," New England Journal of History (2010) 66#2 pp 1–30.
  • McDonough, F. (2002). Hitler, Chamberlain and Appeasement. Cambridge: Cambridge University Press. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.