Biblioteca Nacional de Australia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Biblioteca Nacional de Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «National Library of Australia»)
Edificio da Biblioteca Nacional de Australia en Camberra.

A Biblioteca Nacional de Australia (en inglés: National Library of Australia) é a maior biblioteca de referencia de Australia e atópase na súa capital, en Camberra. Tamén fai a función de depósito legal de Australia. Segundo os datos de 2012 e 2013, a biblioteca conta cun fondo de 6 496 772 ítems, e cunha estimación doutros 2 325 900 ítems adicionais na colección de manuscritos.

A súa fundación remóntase ao ano 1901, cando se creou unha biblioteca para o Parlamento federal. Porén, foi en 1960 cando foi creada a partir da National Library Act coa finalidade de desenvolver e manter unha colección bibliográfica universal, que ten que incluír unha exhaustiva sección nacional sobre Australia e o pobo australiano.[1]

O novo edificio acabouse de construír en 1968. Ademais da colección australiana e xeral, posúe unha das coleccións máis importantes sobre a civilización e a literatura de Asia de todo o hemisferio sur.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]