Lojban - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lojban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lojban
lojban
Pronuncia:/la ˈloʒban/
Creado por: Logical Language Group1987
Total de falantes: descoñecido
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Lojban
Status oficial
Lingua oficial de: Ningures
Regulado por: Logical Language Group (la lojbangirz)
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: jbo
ISO 639-3: jbo
SIL: -
Mapa
Status

O lojban (AFI /ˈloʒban/) é unha lingua construída, máis exactamente unha lingua lóxica, baseada na lóxica de primeira orde (lóxica de predicados) creada polo Logical Language Group en 1987.

O nome lojban é unha combinación de loj e ban, que son as formas curtas de logji (lóxica) e bangu (linguaxe) respectivamente. O lojban esta baseado, en parte, na lingua loglan, coa intención de facela máis completa, útil e libremente dispoñible. O lojban é unha linguaxe falada, usada para a comunicación entre persoas.

Principais características

[editar | editar a fonte]
Símbolo do lojban

O lojban comparte moitas das características e obxectivos do loglan, en particular:

Alfabeto e pronuncia

[editar | editar a fonte]

Lojban usa o alfabeto latino (só 23 letras) e 3 caracteres especiais (´, , e .) que non son elementos de puntuación. O Lojban escríbese con minúsculas, as letras maiúscula úsanse para indicar acentuacións das palabras que escapan a norma. A pronuncia é a seguinte:

letra AFI
a [a]
b [b]
c [ʃ] ou [ʂ]
d [d]
e [ɛ] ou [e]
f [f] ou [ɸ]
g [ɡ]
letra AFI
i [i]
j [ʒ] ou [ʐ]
k [k]
l [l]
m [m]
n [n]
o [o]
letra AFI
p [p]
r [r]
s [s]
t [t]
u [u]
v [v] ou [β]
x [x]
letra AFI
y [ə]
z [z]
' [h] ou [θ]
. [ʔ]
, Indicador de quebra de silabas

ro remna cu se jinzi co zifre je simdu'i be le ry. nilselsi'a .e lei ry. selcru .i ry. se menli gi'e se sezmarde .i .ei jeseki'ubo ry. simyzu'e ta'i le tunba

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e en dereitos. Están dotados de razón e de conciencia, e deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cowan, John Woldemar. 1997. The Complete Lojban Language. Logical Language Group. Fairfax, Va. ISBN 0-9660283-0-9.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]