Lingua saami de Ter
Aparencia
Lingua saami de Ter Saa´mekiill | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Laponia | |
Total de falantes: | 2 (2010)[1] | |
Familia: | Linguas urálicas Linguas saamis Linguas saamis orientais Lingua saami de Ter | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | sjt
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua saami de Ter (Saa´mekiill) é unha lingua urálica falada polo pobo saami na península de Kola, en Rusia. É a lingua saami máis oriental de todas, pero hoxe en día está considerada unha lingua moribunda. No ano 2004 contaba con 10 falantes, e no 2010 o número descendeu a só dous.[3]
Documentación
[editar | editar a fonte]Non hai materiais nin recursos educativos en saami de Ter e non ten unha ortografía estandarizada. A lingua non está completamente documentada nin estudada. Hai documentos textuais, gravacións de son e dicionarios,[4][5] pero non hai gramáticas.
O documento máis antigo que se conserva da lingua saami de Ter é un pequeno vocabulario elaborado polo explorador británico Stephen Borough en 1557 e publicado por Richard Hakluyt.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Informe do Ethnologue para o saami de Ter
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Sami Languages Disappearing Arquivado 06 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Barents Observer
- ↑ Itkonen T. I.: "Koltan- ja kuolanlapin sanakirja", Helsinqui: Société Finno-Ougrienne, 1958.
- ↑ Itkonen T. I.: "Koltan- ja kuolanlappalaisia satuja", 1931.Société Finno-Ougrienne 60
- ↑ Aikio Samuli: "Olbmot ovdal min - Sámiid historjá 1700-logu rádjái". Girjegiisá: Kárášjohka, 1992.
Vexa a proba da Wikipedia en Lingua saami de Ter |