Lingua romaní - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua romaní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romaní
Romani ćhib
Falado en: Romanía Romanía
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Serbia Serbia
España España
Eslovenia Eslovenia
Hungría Hungría
Alemaña Alemaña
Rusia Rusia
Noruega Noruega
Finlandia Finlandia
Turquía Turquía
Total de falantes: 4,8 millóns
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Central
    Romaní
Status oficial
Lingua oficial de: Recoñecida como lingua minoritaria en Alemaña, Austria, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Montenegro, Países Baixos, Romanía, Serbia e Suecia.
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: rom
ISO 639-2: rom
ISO 639-3: rom
Mapa

Distribución das variedades do romaní.
Status

O romaní está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O romaní[2] é a lingua propia do pobo xitano (rom). É unha lingua indoeuropea, orixinaria da zona noroeste da antiga India e o centro de Paquistán, enriquecida con palabras prestadas das linguas que se falaban nos países polos que os xitanos foron pasando. Calcúlase que ten máis de 1.000 anos de existencia e que se desenvolveu en diversos países de Europa e mais en Turquía.

O 5 de novembro celébrase o Día Internacional da Lingua Romaní. Foi proclamado en 2015 pola UNESCO co obxectivo de fomentar a preservación do idioma e a cultura romanís e mellorar o benestar do pobo romaní.[3]

Protección en Europa

[editar | editar a fonte]

A linguas romanís son linguas minorizadas polas linguas dominantes coas que conviven. Varios estados pertencentes ao Consello de Europa (organismo que agrupa a tódolos Estados de Europa agás Belarús por falta de garantías democráticas e Kosovo por ser recente a súa independencia e non estar recoñecido por todos) asinaron o tratado internacional Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias comprometéndose a protexer esta lingua.

Neste tratado cada Estado escolle as linguas a protexer e en que medida. Os que inclúen a protección ao romaní son: Alemaña, Austria, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Montenegro, Países Baixos, Romanía, Serbia e Suecia.

Polo contrario, queda sen protexer a lingua en comunidades romanís de: Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Chequia, España, Estonia, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Moldova, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suíza, Turquía e Ucraína.

  • Sastipe. Ola.
  • Sar son. Que tal?
  • Con son. Quen es?
  • So keres. Que estás a facer?
  • Pa chiv tuka. Grazas
  • Ni eve tuka. Benvido!
  • Katar aves. De onde es?
  • Sar buchhos tuke?/So chero nav?. Como te chamas?
  • May buchhov. Chámome...
  • Va/ya. Si
  • Na. Non
  • Kai chi familia. Está a túa familia contigo?
  • Kai zash. Onde vas?
  • Chi pachave tut. Non te entendo
  • Hacheres man?. Enténdesme?
  • Hidee mansa. Ven comigo
  • Ava kari/Hidee cutka. Ven aquí
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "romaní". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  3. "Día Internacional de la Lengua Romaní" (en castelán). Consultado o 2022-11-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]