Lingua paxta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua paxta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paxto
پښتو
Pronuncia:paʂto
Falado en: Afganistán
Paquistán
Rexións: Asia Central, Asia Meridional
Total de falantes: 40 millóns[1]
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Irania
   Orientais
    Orientais meridionais
     Paxto
Escrita: Escrita nasgh (nasx)
Status oficial
Lingua oficial de: Afganistán
Regulado por: Academia das Ciencias do Afganistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: ps
ISO 639-2: pus
ISO 639-3: varios:
pus — Paxto (xenérico)
pst — Paxto central
pbu — Paxto setentrional
pbt — Paxto meridional
wne — Dialecto Waneci
Mapa
Status

O paxto está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O paxto[3], noutras fontes tamén chamado pashtu[4] ou pashto[5], é un idioma que pertence ás linguas iranias, dentro do seu grupo oriental e á súa vez do sub-grupo meridional e falado pola etnia paxta. Está emparentado coas linguas do Pamir e un pouco máis afastado do iagnobí e das linguas osetas: o digorés e o iriano. É a lingua máis numerosa en número de falantes do grupo de linguas iranias orientais.

É a lingua oficial de Afganistán (xunto co dari) e falada en Paquistán e na diáspora dos paxtos. Fálana preto de 40 ou 50 millóns de persoas.[6] Fálase ademais no occidente de Paquistán.

Está escrito cunha versión modificada do alfabeto persa-arábico chamada nash (nasgh).

Estatuto oficial

[editar | editar a fonte]

O paxto desde o 1936 é unha das dúas linguas oficiais de Afganistán, sendo a outra o Dari (Persa)[7]. Nese ano déronselle todos os dereitos a respecto do uso no goberno e na educación, cando ata daquela fora o Persa a lingua empregada[8]. En 1964 este estado reafírmase cando a asemblea constitucional cando o persa afgán se lle deu o nome de Dari[9][10].

En Paquistán, o urdú e o inglés son as dúas linguas oficiais e alí o paxto carece de recoñecemento oficial a nivel federal. A nivel provincial, o paxto é lingua rexional do Khyber Pakhtunkhwa, Áreas tribais administradas federalmente e o Baluchistán no norte[11]

O sistema de escrita

[editar | editar a fonte]

O paxto emprega o alfabeto paxto, unha variación do alfabeto persa, e que á súa vez deriva en parte do alfabeto árabe. Ten letras adicionais para sons específicos do paxto. Desde o século XVII, o paxto escribiuse principalmente coa sistema Nashk e non co sistema Nasta'liq das lindeiras linguas persas e urdú.

O alfabeto paxto componse de 44 letras e catro marcas diacríticas. Na seguinte táboa dánse as formas illadas das letras xunto coas súas equivalentes do sistema latino e os valores da IPA:

Nome Transliteración AFI Final Media Inicial Illada
alef ā / aa / ʼ / ʾ / varios, incluíndo [ɒ] * آ / ا *
be b [b]
pe p [p] پ
te t [t]
se s [s]
jim j [ʤ]
che c / č / ch [ʧ]
he h [h]
khe x / kh [x]
dāl d [d] * *
zāl z [z] * *
re r [ɾ] * *
ze z [z] * *
zhe ž / zh [ʒ] * ژ * ژ
sin s [s]
šin š / sh [ʃ]
sād s [s]
zād z [z] ﺿ
t [t]
z [z]
eyn ʻ / [ʔ]
qeyn q / gh [ɣ] / [ɢ]
fe f [f]
qāf q / gh [q] / [ɢ]
kāf k [k] ک
gāf g [g] گ
lām l [l]
mim m [m]
nun n [n]
vāv v / u / ow [v] / [u] * و * و
he h [h]
ye y , i [j] , [i]

Dialectos

[editar | editar a fonte]
Meridional occidental: [ts] [dz] [ʂ] [ʐ] [ʒ]
Meridional oriental: [ts] [dz] [ʃ] [ʒ] [ʒ]
Setentrional occidental: [s] [z] [ç] [j] [ʒ]
Setentrional oriental: [s] [z] [x] [g] [d͡ʒ]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]
Anterior Central Posterior
Pechada i u
Media e ə o
Aberta ɑ

O paxto ten tamén os ditongos: /aj/, /əj/, /aw/

Consoantes

[editar | editar a fonte]
Labial Dental Retroflexa Post-
alveolar
Palatal Velar Uvular Glotal
Nasal m n ɳ
Oclusiva p b t d ʈ ɖ k g q ʔ
Fricativa f v s z ʂ ʐ ʃ ʒ x ɣ h
Africada ts dz tʃ dʒ
Aproximante l ɻ j w
Rótica r ɺ̡
  • Asalam u alaikum - Ola
  • Ho - Si
  • Na - Non
  • Manana - Graciñas
  • Wobaxa - Síntoo
  • Stanum tse dæi? - Como te chamas?
  • Zema num... dæ - Chámome ...
  • Tha tsanga yei? - Como estás?
  • kala? - Onde?
  • Tso bajy dhi? - Que hora é?
  • Sahar - mañá (substantivo)
  • Saba - mañá (adverbio)
  • Pir/doshambá - luns
  • Naha/Mangle - martes
  • Yakshambá/atwar - domingo
  1. Ethnologue Report for Pashto
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "paxto". TERGAL. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  4. Entrada pashtu na Diciopedia do século 21
  5. Entrada pashto Arquivado 14 de novembro de 2017 en Wayback Machine. no Digalego
  6. Ethnologue.com/show_language.asp?code=pbu (informe de Ethnologue).
  7. Modarresi, Yahya: Iran, Afghanistan and Tadjikistan". 1911 – 1916. In: Sociolinguistics, Vol. 3, Part. 3. Ulrich Ammon, Norbert Dittmar, Klaus J. Mattheier, Peter Trudgill (eds.). Berlín, De Gryuter: 2006. p. 1915. ISBN 3-11-018418-4 [1]
  8. Campbell, George L.: Concise compendium of the world's languages. Londres: Routledge 1999.
  9. Dupree, Louis: Language and Politics in Afghanistan. In: Contributions to Asian Studies. Vol. 11/1978. p. 131 – 141. E. J. Brill, Leiden 1978. p. 131.
  10. Spooner, Bryan: "Are we teaching Persian?". In: Persian studies in North America: studies in honor of Mohammad Ali Jazayery. Mehdi Marashi (ed.). Bethesda, Iranbooks: 1994. p. 1983.
  11. Septfonds, D. 2006. Pashto. In: Concise encyclopedia of languages of the world. 845 – 848. Keith Brown / Sarah Ogilvie (eds.). Elsevier, Oxford: 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]