Lingua iacut - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua iacut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iacut
саха тыла saxa tila'
Outros nomes:Sakha
Falado en: Rusia
Total de falantes: 360.000 (1993)[1]
Familia: Linguas turcas
 Lenguas turcas siberianas
  Setentrional
   Iacut
Escrita: Cirílico
Status oficial
Lingua oficial de: República de Sakha
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: sah
ISO 639-3: sah
Mapa

     Lingua iacut
Status

O iacut está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua iacut[3] ou sakha, é unha lingua turca con preto de 360.000 de falantes nativos. Fálase na República de Sakha ou Iacutia, unha república federal de Rusia.

Como tódalas linguas turcas, o iacut é unha lingua aglutinante con harmonía vocálica.

  1. SIL Ethnologue, dunha poboación étnica total de 443,852. Segundo perepis2002.ru, o censo ruso de 2002 recolleu 456,288 falantes con coñecemento de iacut/sakha Распространенность владения языками (кроме русского) Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (Knowledge of languages other than Russian) (en ruso) A variación das cifras de falantes nas wikipedias entre o valor de 350.000 (ca:Iacut, eu:Sakhera, fr:Iakoute) e 450.000 (de:Jakutische Sprache, en:Yakut language, es:Idioma yakuto, it:Lingua sacha e pt:Língua iacuta) pode deberse ó aumento da proporción de falantes entre 2003 e 2010
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición de iacut no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]