Lingua guaraní - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua guaraní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guaraní
Avañe'ẽ
Pronuncia:ʔãʋ̃ãɲẽˈʔẽ
Falado en: Arxentina, Brasil, Paraguai e Bolivia
Total de falantes: 6 500 000 (2020)[1]
Familia: Tupí
 Tupí-guaraní
  Guaraní
   Guaraní
Escrita: Latino
Status oficial
Lingua oficial de: Paraguai[2]
Bolivia
Arxentina (Provincia de Corrientes)[3]
Brasil (Mato Groso do Sur)
Mercosur
Regulado por: Academia da Lingua Guaraní
Códigos de lingua
ISO 639-1: gn
ISO 639-2: grn
ISO 639-3: gug
Mapa
Status

O guaraní está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[4]

O guaraní,[5] facendo referencia exclusiva á variedade coñecida como guaraní paraguaio (avañe'ẽ 'a lingua da xente), é unha lingua indíxena de América do Sur que pertence á subfamilia tupí-guaraní[6] das linguas tupís. É unha das linguas oficiais de Paraguai (xunto co castelán), onde non é falada só polo pobo guaraní, senón pola maioría da poboación, e onde a metade da poboación rural é monolingüe.[7][8] É falada por outras comunidades en países veciños, incluíndo partes do noroeste da Arxentina, sueste de Bolivia e suroeste do Brasil, e é a segunda lingua oficial da provincia arxentina de Corrientes dende 2004;[9] tamén é lingua oficial de Mercosur.[10]

O guaraní é unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única entre cuxos falantes hai unha gran cantidade de non indíxenas. É un caso insólito en América, onde a substitución lingüística cara ás linguas coloniais europeas (neste caso o español) non se produciu, e foi acollida como un elemento máis da cultura e da identidade dos "mestizos" (xente de antergos españois e guaranís).

O sacerdote xesuíta Antonio Ruiz de Montoya, quen publicou en 1639 a primeira gramática do guaraní nun libro chamado Tesoro de la lengua guaraní, describiuna como unha lingua "tan completa e elegante que pode competir coa máis famosa [das linguas]."

O nome "guaraní" adoita empregarse para a lingua oficial de Paraguai. Porén, é parte dun continuo dialectal, a maioría dos cales tamén son chamados guaraní. Aínda que o guaraní paraguaio non está actualmente en risco inminente, a súa presenza na fala cotiá enfróntase a retos debido ao uso extensivo de préstamos lingüísticos do castelán en todos os niveis (vocabulario, sintaxe, modismos, etc.).[11]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

O guaraní paraguaio ten 33 fonemas, dos que 12 son vogais e 21 consonantes.

Das 12 vogais (pu'ae) guaranís, 5 son orais (pu'ae jurugua), 5 nasais (pu'ae tĩgua), 1 gutural (pu'ae ahy'ogua) (y = /ɨ/) e unha guturonasal (pu'ae ahy'otĩgua) ( = /ɨ̃/).

Orais Nasais
anterior central posterior anterior central posterior
pechadas (débiles) i ɨ u ĩ ɨ̃ ũ
abertas (fortes) e a o ã õ

Consoantes

[editar | editar a fonte]

Das 21 consoantes (pundie) guaranís, 8 son plosivas, 5 fricativas, unha africada, unha aproximante, 2 vibrantes e unha sibilante. O seguinte cadro amosa os fonemas segundo o xeito de articulación, o punto de articulación e a grafía usual para cada un deles:

bilabial alveolar alveo-
palatal
velar glotal
Fricativa / β /
v
/ s /
s
/ ʃ, ʒ /
ch, j
/ ɣ, ɣ̃/
g, g̃
Oclusiva sorda / p /
p
/ t /
t
/ k /
k
/ ʔ /
'
sonora //
mb
//
nd
//
ng
Sonorante nasal / m /
m
/ n /
n
non-nasal / ɾ, l /
r, l>
/ j /
i

Nos préstamos léxicos do español tamén intervén a vibrante múltiple /r/. As oclusivas sonoras poden emitirse como propiamente oclusivas en contextos non-nasais ou como nasais en contextos nasais. O fonema /t/ pode soar como [t] ou como [ɾ]. Os fonemas oclusivos /b̃, d̃, g̃/ teñen tanto alófonos prenasalizados [ⁿb, ⁿd, ⁿg] como alófonos totalmente nasais [m, n, ŋ], o fonema /ʒ/ posúe dous alófonos, un non-nasal [ʒ] e outro nasal [ɲ].

Observacións

[editar | editar a fonte]

Palabras nasais

[editar | editar a fonte]

O guaraní distingue entre fonemas nasais e orais. A nasalidade de calquera fonema aplícase toda a palabra, por razóns de eufonía, e provoca fenómenos de sandhi nos sufixos que se engaden. Polo tanto, son só orais as palabras en que ningún dos fonemas que a conforman teñen carácter nasal.

Nasais: akã («testa»), porã («fermoso»), kuñataĩ («rapaciña»), tembireko («esposa»)
Orais: rajy («filla»), túva («pai»), sy («nai»), arapoty («primavera»)

O puso ou oclusiva glotal aparece só en posición intervocálica e interrompe momentaneamente a emisión. Aínda que semelle unha ausencia de son, é un fonema por dereito propio, pois entra en oposición fonolóxica co son seguinte. O seu nome ven do propio guaraní pu («son») + so («soltar», «separar»). No silabeo acompaña á vocal que o segue.

Acentuación

[editar | editar a fonte]

En guaraní ningunha palabra remata en consoante. Case todas levan acento (muanduhe) na derradeira vogal. O til emprégase só cando a vogal acentuada non é a final.

Por exemplo, a verba tape («camiño») lese [ta'pe] e tata («lume») lese [ta'ta]. Por outra banda, áva («cabelo»), que se le ['a.va] ou tái («picante») ['tⁿaj], levan a marca gráfica da súa acentuación.

  1. "A lingua guaraní en Ethnologue". Consultado o 10 de maio de 2021. 
  2. Asamblea Nacional Constituyente (20 de xuño de 1992). "Constitución Nacional de la República del Paraguay" (PDF). Asunción, Paraguai. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2016. Art. 140° 
  3. "Guaraní is stablished as «idioma oficial alternativo» ("co-official language") of Corrientes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guaraní.
  6. Britton, A. Scott (2004). Guaraní-English/English-Guaraní Concise Dictionary. Nova York: Hippocrene Books.
  7. Mortimer, K 2006 "Guaraní Académico or Jopará? Educator Perspectives and Ideological Debate in Paraguayan Bilingual Education" Working Papers in Educational Linguistics 21/2: 45-71, 2006
  8. Romero, Simon (12 de marzo de 2012). "In Paraguay, Indigenous Language With Unique Staying Power". The New York Times. 
  9. Ley 5598 del Estado de Corrientes Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  10. Incorporación do Guaraní como Lingua de Mercosur Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine. MERCOSUR official page (en castelán)
  11. UNESCO (2010). Atlas of the world's languages in danger. Memory of peoples (en inglés). UNESCO Publishing. ISBN 978-92-3-104096-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]