Lingua caxubia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua caxubia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caxubio
kaszëbsczi, pòmòrsczi
Outros nomes:Caxubiano, Casubio
Falado en: Polonia, Canadá.
Rexións: Pomerania (Caxubia)
Total de falantes: 50.000 a 200.000
Familia: Indoeuropea
 Eslava
  Occidental
   Lequítico
    Caxubio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: csb
ISO 639-3: csb
SIL: CSB
Mapa
Status

O caxubio está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O caxubio[2] é unha lingua da familia eslava falada polo pobo caxubio ó norte da República de Polonia, na costa do Mar Báltico. A súa proximidade lingüística co polaco fai que haxa moita xente que a considere coma un dialecto do polaco (lingua lequítica), aínda que en realidade forma parte dun subgrupo eslavónico diferente, dentro do cal se emparenta co polabio e o eslovincio. Estruturalmente, ten unha gran cantidade de arcaísmos e empréstimos xermánicos cando se compara coas linguas eslavas veciñas.

Datos básicos

[editar | editar a fonte]

Autoglotónimo: kaszëbsczi

Heteroglotónimo: caxubio (galego), kassubian (inglés), kashubian (inglés), Kaschubische Sprache (alemán), ...

Familia lingüística: linguas eslavas

Orde de constituíntes: ¿?

Número de falantes: 30 000 a 300 000

Status sociolingüístico: lingua minorizada de Polonia

Código ISO 639-3: csb [3]

Sociolingüística

[editar | editar a fonte]

Sociolingüisticamente, distribúese polo rural, especialmente nas camadas menos escolarizadas da poboación, polo que os falantes desenvolveron un sentimento de estigma e autoodio propio de moitas linguas minorizadas sen recoñecemento oficial. Dende hai uns anos, o goberno polaco potenciou a súa presenza na televisión e radio estatais e, cumprindo co Convenio Europeo para a Eliminación de tódalas formas de Discriminación (CERD), estableceu o ensino de lingua caxubia en 19 centros para 1 470 alumnos (1999-2000) e mesmo o ensino optativo na Universidade de Gdańsk.

Literatura

[editar | editar a fonte]

O seu sistema literario baséase en xéneros como a poesía ou a regueifa e na exaltación rexionalista, temática a prol da lexitimación que é habitual nas linguas estigmatizadas. As súas asociacións son máis activas e agrúpanse na "Asociación Caxubio-pomerana" (Zrzeszenie Kaszubsko-Pomorskie) dende 1929.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada caxubio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de maio de 2017. 
  3. "Kashubian". Ethnologue (en inglés). Consultado o 2022-06-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.