Lingua bambara - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua bambara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bambara
Bamanankan
Falado en: Mali Malí,
Burkina Faso Burkina Faso,
Costa do Marfil Costa do Marfil
Total de falantes:
Familia: Níxer-congo

 Mandé
  Mandé occidental
   Mandingo

    Bambara
Escrita: Alfabeto latino
Alfabeto árabe
Alfabeto n'ko
Status oficial
Lingua oficial de: Mali Malí
Códigos de lingua
ISO 639-1: bm
ISO 639-2: bam
ISO 639-3: bam
SIL: BRA
Mapa
Status

O bambara está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua bambara (Bamanankan) é un idioma falado en Malí, por 10 millóns de persoas, dos cales 270.000 pertencen á etnia bambara, polo tanto a maioría usan o bambara como lingua interétnica no país. Existen algúns falantes en Burkina Faso, Costa do Marfil e Gambia. Tivo ao longo do tempo distintos sistemas de escritura, ademais da latina.

A primeira, chamada Ma-Sa-Ba, foi desenvolvida por Woyo Couloubayi, da rexión de Kaarta en 1930. Tiña un total de 123 caracteres, sendo progresivamente abandonada.

Posteriormente naceu o N'Ko, un alfabeto ideado por Solomana Kante en 1949 como sistema de escritura para as linguas mandés do oeste de África; N'Ko significa Eu digo en todas as linguas mandés.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Linguas externas

[editar | editar a fonte]