F - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

F

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O F (efe) é a sexta letra do alfabeto galego, e representa o fonema fricativo labiodental xordo /f/.

O grafema desta letra deriva da letra fenicia waw, que tiña o valor fonético de [w]. Desta letra derivou a digamma do alfabeto grego, que despois desapareceu. O alfabeto etrusco adoptou a letra digamma, udando o valor fonemático [v] polo de [f], e con este valor fonético chegou ao alfabeto latino.

Xeroglífico exipcio
Maza
Proto-semítico
W
Fenicio
W
Grego
Digamma (W)
Etrusco
W
Latín
F
T3

Outras representacións

[editar | editar a fonte]

No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Foxtrot (ocasionalmente "Florida"). En código Morse é ·· — · .

En formato Unicode, represéntase a minúscula con U+0066 e a maiúscula como U+0046. En código ASCII (ISO 8859-1) é 102 para a minúscula e 70 para a maiúscula. En sistema binario minúscula é 01100110 e maiúscula é 01000110.

Ligaduras

[editar | editar a fonte]
Ligaduras máis comúns de f.

Na tipografía xermánica e anglosaxoa, en particular das fontes tipo serif, o f minúsculo é unha das letras xeralmente máis ligadas. Unicode crea ligaduras coas letras f, l, i e t: , , , , e (de U+fb00 a U+fb05).

En química, F é a abreviatura do elemento químico flúor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Entradas da enciclopedia que comezan por F