Dialectos do portugués - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dialectos do portugués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dialectos de Portugal.

Os dialectos do portugués son as diferentes variedades existentes da lingua portuguesa. Existen diferenzas con respecto ao padrón, especialmente no Brasil, mais tales diferenzas non prexudican a intelexibilidade entre locutores de diferentes dialectos.

Evolución

[editar | editar a fonte]

O portugués europeo padrón (tamén coñecido como "estremeño") modificouse máis que as outras variedades. Mesmo así, todos os aspectos e sons de todos os dialectos de Portugal poden ser encontrados nalgun dialecto no Brasil. O portugués africano, en especial o portugués santomense ten moitas semellanzas co portugués do Brasil. Ao mesmo tempo os dialectos do sur de Portugal presentan moitas semellanzas, especialmente o uso intensivo do xerundio. Na Europa, o alto-miñoto e o transmontano teñen algunhas semellanzas co galego.

Mesmo coa independencia das antigas colonias africanas, o portugués padrón de Portugal é o padrón preferido polos países africanos de lingua portuguesa. Logo, o portugués apenas ten dous dialectos de aprendizaxe, o europeo e o brasileiro. Nótese que, na lingua portuguesa hai dous dialectos preferidos en Portugal: o de Coímbra e o de Lisboa. No Brasil, o dialecto preferido é o falado e moito máis escrito polos habitantes cultos das grandes cidades. A maioría dos dialectos, así e todo, son mutuamente intelixíbeis.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Dialectos de Portugal

[editar | editar a fonte]
  1. Azoriano (ouvir) - Açores
  2. Alentexano (ouvir) - Alentejo
  3. Algarvio (ouvir) - Algarve (há um pequeno dialecto na parte occidental)
  4. Alto-Miñoto (ouvir) - Norte de Braga (interior)
  5. Baixo-Beirán; Alto-Alentexano (ouvir) - Centro de Portugal (interior)
  6. Beirán (ouvir) - centro de Portugal
  7. Estremeño (ouvir) - Regiões de Coimbra e Lisboa (pode ser subdividido en lisboeta e coimbrán)
  8. Madeirense (ouvir) - Madeira
  9. Norteño (ouvir) - Rexións de Braga e Porto
  10. Transmontano (ouvir) Trás-os-Montes

Dialectos do Brasil

[editar | editar a fonte]

Hai pouca precisión na división dialectal brasileira. Algúns dialectos, como o dialecto caipira, xa foron estudados, estabelecidos e recoñecidos por lingüistas, tales como Amadeu Amaral. Con todo, hai poucos estudos a respecto da maioría dos demais dialectos e, actualmente, aceitase a clasificación proposta polo filólogo Antenor Nascentes e outros.

  1. Caipira - interior do estado de São Paulo, norte do Paraná, sur de Minas Gerais e Mato Grosso do Sul
  2. Maranhense, Piauiense (Meio Nortista) - Maranhão e Piauí
  3. Baiano - rexión da Baía
  4. Fluminense (ouvir) - Estados do Rio de Janeiro e Espírito Santo (a cidade do Río de Xaneiro ten un falar propio)
  5. Gaúcho - Rio Grande do Sul, con algunha influencia do castelán, como dicir "bueno", "griz", "cucharra" e "entonces".
  6. Mineiro - Minas Gerais
  7. Dialectos nordestinos - Conxunto de dialectos falados na Rexión Nordeste, con excepción da Baía.
  8. Nortista - estados da bacia do Amazonas (ouvir) - (o interior e Manaus teñen falares propios)
  9. Paulistano - cidade de São Paulo e proximidades (con influencia da inmigración italiana).
  10. Sertão - Estados de Goiás e Mato Grosso, estes se asemellan un pouco co dialecto mineiro.
  11. Sulista - Estados do Paraná e Santa Catarina. Este dialecto sofre innumerábeis variacións de pronuncia segundo a área xeográfica, con influencias da pronuncia de São Paulo no norte do Paraná e do Rio Grande do Sul no oeste do Paraná e nalgunhas rexións de Santa Catarina.

Táboa de pronuncia

[editar | editar a fonte]
Letra Portugal Paraná São Paulo Río de Xaneiro Bahia
Vogais e semi-vogais
a á ou α cando tónico, ə cando átono á á á á
â α α α α α
é ɛ ɛ ɛ ɛ ɛ
ê e e e e e
e e cando tónico, ə cando átono e e (ou i, na fin de palabra) e (na fin dunha palabra ás veces non se pronuncía) ɛ (ou i, na fin de palabra)
i i (ou "j" en ditongos) i (ou "j" en ditongos) i (ou "j" en ditongos) i (ou "j" en ditongos) i (ou "j" en ditongos)
ó ɔ ɔ ɔ ɔ ɔ
o o cando tónico, u cando átono o o (ou u, na fin de palabra) o (ou u, na fin de palabra) ɔ (ou u, na fin de palabra)
u u (ou w, en ditongos e tritongos) u (ou w, en ditongos e tritongos) u (ou w, en ditongos e tritongos) u (ou w, en ditongos e tritongos) u (ou w, en ditongos e tritongos)
Ditongos
ei αj ej e ej ej
ou o ow o ow u
Vogais nasais
ã, am, an, âm, ân â non nasaliza
em, en, ên, êm, én, ém ãj non nasaliza ẽj
im, in, ím, ín ĩ non nasaliza ĩ ĩ ĩ
om, on, ôm, ôn, óm, ón õ non nasaliza õw õ õ
um, un, úm, ún ũ non nasaliza ũ ũ ũ
Glides nasais
ão ẫw ẫw ẫw ẫw ẫw
ãe ẫj ẫj ẫj ẫj ẫj
õe õj õj õj õj õj
Consoantes
b β b b b b
p p p p p p
qu kw kw kw kw kw
ca, co, cu ka, ko, ku ka, ko, ku ka, ko, ku ka, ko, ku ka, ko, ku
ce, ci se, si se, si se, si se, si se, si
ç s s s s s
ga, go, gu ga, go, gu ga, go, gu ga, go, gu ga, go, gu ga, go, gu
ge, gi ʒe, ʒi ʒe, ʒi ʒe, ʒi ʒe, ʒi ʒe, ʒi
da, de, do, du ða, ðe, ðo, ðu da, de, do, du da, de, do, du da, de, do, du da, de, do, du
di ði di di ou dzi dʒi dʒi
ta, te, to, tu ta, te, to, tu ta, te, to, tu ta, te, to, tu ta, te, to, tu ta, te, to, tu (ás veces ču)
ti ti ti ti ou tsi či či
f f f f f f
v v o β (N do pais) v v v v
l l l l ou w na fin de sílaba l ou w na fin de sílaba l ou w na fin de sílaba
m m m m m m
n n n n n n
r (antes de vogal, dentro da palabra)
r (no inicio da palabra), rr r r kh kh
r (na fin de sílaba) retroflexivo, como en inglés (ou retroflexivo, no interior) kh kh
s (intervocálico) z z z z z
s (inicial ou seguido de consoante), ss s s s s s
s (na fin de sílaba) ʃ z z ʃ ʃ
ch ʃ ʃ ʃ ʃ ʃ
lh λ λ (ás veces j) λ λ λ (ás veces j)
nh ɲ ɲ ɲ ɲ ɲ
h non pronuncía non pronuncía non pronuncía non pronuncía non pronuncía
pt, ct t pt, ct pt, ct pt, ct pt, ct