David Sarnoff - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

David Sarnoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Sarnoff

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Uzliany, Belarús (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Kensico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente Radio Corporation of America
1930 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1906 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorRCA Corporation (1919–)
National Broadcasting Company Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarbrigadier general (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLizette Hermant Editar o valor en Wikidata
FillosRobert Sarnoff, Edward Sarnoff, Thomas Warren Sarnoff Editar o valor en Wikidata
Premios

Discogs: 1669516 WikiTree: Sarnoff-12 Find a Grave: 4013 Editar o valor en Wikidata

David Sarnoff, nado o 27 de febreiro de 1891 preto de Minsk e finado o 12 de decembro de 1971, foi un home de negocios e pioneiro da radio e a televisión comerciais nos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha comunidade xudía preto da cidade de Minsk, entón parte do Imperio Ruso. En 1900 marchou con súa nai e irmáns a Nova York, onde xa estaba seu pai. Aos quince anos tivo que procurar traballo para soster á familia logo que seu pai enfermara de tuberculose, logrou un traballo na Commercial Cable Company dedicada á telegrafía, entrando pouco despois, setembro de 1906, na Marconi Company, realizando diferentes tarefas en oficinas e navíos chegando a inspector xefe e director comercial. Foi o primeiro director xeral da Radio Corporation of America (RCA) desde pouco despois da súa constitución en 1919 ata 1930 e despois presidente ata o seu retiramento en 1970. En 1926 formou a National Broadcasting Company (NBC) para explotar o mercado de radio comercial e a partir de 1930 apoiou economicamente o desenvolvemento do sistema de televisión que viña realizando Vladimir Zworykin. Durante a segunda guerra mundial serviu co xeneral Dwight D. Eisenhower, foi responsable da restauración das emisións de Radio Francia e polos seus servizos foi ascendido a xeneral de brigada na reserva da Arma de transmisións en 1945, sendo coñecido en diante como o Xeneral ("The General")[1]