Charla - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Charla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha charla[1] ou leria[2] (do inglés chat), é unha conversa mantida a través da rede a tempo real. Normalmente os usuarios do chat utilizan pseudónimos denominados nicks. Tamén cabe destacar que os usuarios deste tipo de medios escriben utilizando unha linguaxe simplificada, con palabras curtas, simplificando palabras e en xeral sen respectar as regras ortográficas. A acción de andar nun chat denomínase chatear.

Dentro da lingüística que estuda os xéneros discursivos, tradicionalmente facíase a clasificación entre xéneros orais e escritos. Coa aparición do chat, a claridade desta distinción rompeuse: o chat transmítese obviamente coma medio escrito pero ten certas características comúns coa oralidade:

  • baixa planificación;
  • instantaneidade;
  • bidireccionalidade;

Descrición

[editar | editar a fonte]

A palabra chat, polo xeral, agrupa a todos os protocolos que cumpren a función de comunicar a dúas ou máis persoas, estando dentro destes os clientes de chat, como, por exemplo, X-Chat, ChatZilla (cliente de Mozilla/SeaMonkey ou o mIRC; estes usan o protocolo IRC, cuxas siglas significan Internet Relay Chat. Outros son protocolos distintos, pero agrupados tamén na mensaxería instantánea, como poden ser Windows Live Messenger, Yahoo! Messenger, Jabber/XMPP ou ICQ, entre os máis coñecidos, ou tamén o servizo SMS de telefonía móbil. Actualmente[cando?] Orkut de Google conta cun servizo de chat en liña. Tamén se pode incluír aquí o peer-to-peer. É moi usado, ademais, o método webchat, que non é outra cousa que enviar e recibir mensaxes a través dunha páxina dinámica de Internet, ou usando o protocolo "IRC" se se trata dun applet de Java.

Videochat

[editar | editar a fonte]

O videochat é unha evolución ou mestura entre a videoconferencia e o chat tradicional, dotando ao usuario de tres modos de comunicación sobre o mesmo canal. Existen igualmente servizos de videochat de multidifusión ou de mensacería instantánea un a un. Distintos sitios web ofrecen servizos de videochat en liña, se ben tamén existen programas especializados como Paltalk. Así mesmo, os programas de mensaxería instantánea máis famosos, como Windows Live Messenger ou Yahoo Messenger, tamén permiten o uso de son e vídeo nas súas comunicacións.

Software e protocolos

[editar | editar a fonte]

Algúns dos programas e protocolos máis utilizados son os seguintes:[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]