Biblioteca do Estado Ruso
Biblioteca do Estado Ruso | |
---|---|
![]() | |
Tipo | biblioteca nacional, biblioteca pública, punto de referencia e arquivo |
Data de fundación | 1862 |
Nomeado en referencia a | Lenin |
Director/a | Vadim Duda |
Nº de empregados | 1.618 ![]() |
Premios | Orde de Lenin, Orden de Georgi Dimitrov, sen etiquetar e Russian Federation Presidential Certificate of Gratitude |
Localización | |
Sede | Lenin Library Building e Casa Pashkov |
Enderezo | ул. Воздвиженка 3/5 |
En | Arbat (distrito) e Moscova |
País | Rusia, Unión Soviética e Imperio Ruso |
55°45′06″N 37°36′32″L / 55.751732, 37.608996 | |
Na rede | |
https://www.rsl.ru/ e https://www.rsl.ru/en | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |

A Biblioteca do Estado Ruso (en ruso: Российская государственная библиотека, trans.: Biblioteca Estatal da Rusia) é a biblioteca nacional de Rusia e está situada en Moscova.[1] Non se debe confundir coa Biblioteca Nacional Rusa, situada en San Petersburgo. É a terceira biblioteca máis grande do mundo en número de libros, con máis de 17 millóns de volumes, e a máis grande do país.
Historia
[editar | editar a fonte]A biblioteca data de xullo de 1862, cando se abriu como a primeira biblioteca pública en Moscova, no interior do Museo Rumyántsev. Despois da revolución bolxevique, os seus fondos ampliáronse e buscouse un novo espazo para iso. Desde 1925 foi chamada Biblioteca Lenin da URSS, conservando tal apelativo até a caída do réxime soviético en 1991, cando se rebautizou con súa denominación actual. Ocupa diversos edificios dado o gran tamaño das súas coleccións, que inclúen publicacións periódicas (13 millóns), mapas (150.000), partituras musicais e rexistros sonoros (350.000).
Os seus fondos esténdense a máis de 200 idiomas; a porcentaxe total dos fondos da biblioteca noutros idiomas chega case ao 30%. Entre 1922 e 1991, había a obriga de depositar unha instancia de cada libro publicado na URSS, unha práctica que continúa hoxe en referencia á Federación de Rusia.[2]